Presentamos o 22 Outono de Teatro e, nese afán de propoñer un fío que nos leve dun espectáculo a outro, o número que identifica esta edición suxeriunos como tema do festival o das igualdades ou semellanzas, diferencias ou diversidade que existen entre as parellas presuntamente de iguais. 

Emoción, humor, poesía, reflexión, beleza, ilusión, historias, experiencias,… son o alento co que o FIOT impregna ao outono de Carballo. En tempos de incerteza, continuamos ofrecendo “pracer intelixente” (como di o lema dunha das compañías presente no programa deste ano), e seleccionamos o mellor das carteleiras para que o teatro nos facilite a entrada no inverno.

Noticias

30 11 2013

O XXII FIOT cumpriu coas expectativas de ser a mellor edición da súa historia

O espectáculo "Siglo de oro, siglo de ahora (Folía)", da compañía madrileña Ron Lalá, gaña o Premio do Público cunha nota de de 4,662 puntos sobre 5.

03 11 2013

Os Revoltiños e a Escola de Teatro de Cabana foron os ganadores do XIII Concurso de Teatro Lido

Os primeiros recaeron nas obras “Puchiño Vermello” e “O auto do labregro”, dotadas con 250€ en libros e material didáctico

30 10 2013

Seis grupos de afeccionados ao teatro radiofónico na final do Concurso Xosé Manuel Eirís

A compañía de clown “Os 7 Magníficos máis 1” amenizará o evento cun espectáculo destinado a público familiar.

28 10 2013

Teatro de la Abadía e a superprodución Emilia, dúas estreas en Galicia, poñen o broche de ouro a un intenso FIOT 2013

Teatro de la Abadía estará mañá no Outono de Teatro coa montaxe Maridos y Mujeres, un texto adaptado de Woody Allen.

25 10 2013

O FIOT outorga o Xograr de Outono 2013 a Xosé Manuel Olveira “Pico” e súmase á homenaxe á figura de Roberto Vidal Bolaño

A mostra dedicada ao autor teatral pode visitarse no Pazo da Cultura ata o vindeiro martes 29.

24 10 2013

Titzina Teatre escolle o Outono de Teatro para a estrea nacional do cuarto espectáculo da súa historia

A compañía catalana presenta mañá venres 25 ante o público de Carballo a súa última montaxe, Distancia siete minutos.